Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24331

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación do alugamento de valos para a delimitación temporal de espazos para a realización de diversas actuacións.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: alugamento de distintos tipos valos para a delimitación temporal de espazos necesarios para a realización de diferentes actuacións artísticas dentro da programación anual do Instituto Municipal Coruña Espectáculos en distintas localizacións da cidade.

3. Prezo do contrato: tipo máximo de licitación: 26.000,00 euros anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 21.487,60 euros e 4.512,40 euros ao IVE correspondente.

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogables antes da súa finalización por mutuo acordo entre o Instituto Municipal Coruña Espectáculos e o contratista por anos ata un máximo de catro, incluído período inicial e prórrogas.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedimento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 2.148,76 euros.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do Instituto Municipal Coruña Espectáculos , sitas na avenida da Marina, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante www.coruna.es. Enderezos de correo electrónico: para consultas administrativas: a.canosa@coruna.es, para consultas técnicas: j.rodriguez@coruna.es .

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: prezo, características técnicas e melloras (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

12. Presentación de proposicións: prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE avenida da Marina, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es .

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

O presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos