Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24333

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación da subministración de folletos e outros artigos para publicitar as actividades do instituto.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: subministración de folletos e outros artigos para publicitar diversas actividades do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (establecida en lotes).

3. Prezo do contrato: 50.000,00 euros, anuais IVE incluído (véxase prego de cláusulas administrativas particulares).

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por anos ata un máximo de catro, incluído período inicial e prórrogas.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 3.140,50 euros, 619,84 euros e 371,90 euros, respectivamente, para cada un dos lotes.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Teléfono: 981 18 42 00. Ext. 12053. Perfil de contratante www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: consultas administrativas: a.canosa@coruna.es, consultas técnicas: b.llamosas@coruna.es .

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, sito na avenida A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña (véxase prego de cláusulas administrativas particulares).

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es .

14. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

O presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos