Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24330

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Concello de Sanxenxo en materia de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria celebrada o 29 de abril de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Sanxenxo, por acordo do Pleno municipal do 30 de novembro de 2015, das facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5 % pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a prol de empresas explotadoras de servizos de subministración que resulten de interese xeral, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

Faise público este acordo para xeral coñecemento.

Pontevedra, 6 de maio de 2016

Mª del Carmen Silva Rego

Presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra