Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24329

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Concello da Estrada en materia de xestión de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria celebrada o 29 de abril de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello da Estrada, por acordo do Pleno municipal do 3 de marzo de 2016, das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na tesouraría do concello.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

Faise público este acordo para xeral coñecemento.

Pontevedra, 6 de maio de 2016

Mª del Carmen Silva Rego
Presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra