Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de xuño de 2016 polo que se notifica a Resolución do 22 de abril de 2016 pola que se acorda a declaración de caducidade do procedemento de extinción dunha concesión temporal de carácter experimental para o cultivo de ameixa.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade Inprocar de Carril, S.L. (B36341410) a Resolución do 22 de abril de 2016, da conselleira do Mar, pola que, en síntese, se acorda:

Primeiro. Declarar a caducidade do procedemento de extinción da concesión temporal de carácter experimental outorgada a Inprocar de Carril, S.L.

Segundo. Acordar o inicio dun novo expediente de extinción da concesión temporal de carácter experimental outorgada a Inprocar de Carril, S.L.

Terceiro. Dar audiencia ao interesado, que disporá dun prazo de 15 días para formular as alegacións e achegar os documentos que considere pertinentes.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para formular as alegacións se computará desde o día seguinte ao desa publicación.

A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Consellería do Mar, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012)
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica