Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación do contrato de servizo, por lotes separados, consistente no contrato privado de seguro multirrisco do fogar e de seguro de garantía de cobramento de rendas impagadas e asistencia e defensa xurídica para os propietarios das vivendas incorporadas ao Programa de vivendas baleiras (expediente PVB-2016).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato de servizo, por lotes separados, consistente no contrato privado de seguro multirrisco do fogar e de seguro de garantía de cobramento de rendas impagadas e asistencia e defensa xurídica para os propietarios das vivendas incorporadas ao Programa de vivendas baleiras. Expediente: PVB-2016.

b) Prazo de execución: tres anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio, por lotes separados.

4. Orzamento base de licitación.

a) Lote1. Seguro multirrisco do fogar: trescentos noventa e seis mil setecentos cincuenta euros (396.750,00 €).

b) Lote 2. Seguro de garantía de cobramento de rendas impagadas e asistencia e defensa xurídica: douscentos noventa e dous mil oitocentos sesenta e catro euros con noventa e oito céntimos (292.864,98 €).

c) Importe total: seiscentos oitenta e nove mil seiscentos catorce euros con noventa e oito céntimos (689.614,98 €).

d) As operacións de seguro están exentas do IVE, segundo o establecido no artigo 20.1.16 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

Non se exixe clasificación. A proba da solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional efectuarase polos medios precisados no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación.

O PCAP e o prego de prescricións técnicas polos que se rexe a contratación poderán obterse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de contratación na sede dos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27168. Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do día 27 de xuño de 2016.

Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación acreditativa dos criterios non avaliables mediante fórmulas e que dependan dun xuízo de valor) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, no lugar e na data que serán anunciados no perfil do contratante, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa.

O acto público de apertura do sobre C (documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, no lugar e na data que serán anunciados, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gasto do anuncio.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario de cada lote.

11. Data de envío do presente anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de maio de 2016.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo