Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar as resolucións de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, devoltas polo servizo de Correos (expediente OU-2016/00061).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación aos interesados que se indican a continuación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 24 de maio de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

NIF

OU-2016/00061

Francisco José Ramos Expósito

34996861S

OU-2016/00061

Tatiana Álvarez Fernández

44477941N