Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, devolta polo servizo de Correos (expediente OU-2013/00028).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación ao interesado que se indica a continuación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 24 de maio de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/Equivalente

OU-2013/00028

Abdoulaye M’Baye

Y3179078D