Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente OU-99/2015).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación a interesada que se indica a continuación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou o 11 de maio de 2016 acordo de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente OU 99/2015). A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 23 de maio de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesada

NIE

OU-99/2015

Verónica Rueda Justo

71014523E