Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24170

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da póliza de seguro de responsabilidade civil e patrimonial e das pólizas para os vehículos e maquinaria municipal (expediente 20/16).

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do 26.5.2016 aprobaronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 20/16).

2. Obxecto do contrato: póliza do seguro de responsabilidade civil e patrimonial e pólizas para os vehículos e maquinaria municipal, dividido en 2 lotes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 85.377,90 € (exento de IVE), polo prazo de 2 anos (prorrogable por 1 ano).

5. Lotes: lote 1: póliza do seguro de responsabilidade civil e patrimonial, 20.000 € prima/anual, e lote 2: pólizas para os vehículos e maquinaria municipal 22.688,95 €/anuais (suma das primas anuais da frota municipal).

6. Garantías: 5 % do importe de adxudicación (sen IVE) en cada lote.

7. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde a última publicación do anuncio de licitación.

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

9. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 2 de xuño de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa