Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO (expediente FG 560).

Por Resolución da Alcaldía nº 2022 do 20 de maio de 2016, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación de varias parcelas para a conexión do sector SUD-11 co sistema xeral viario (estrada da Deputación de Santa Cruz a Meirás DP-5812), en Xaz-Dorneda (documento nº 4056, do 31.3.16).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 24 de maio de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente