Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación da parcela catastral 000501500NH59G0001LI en Xaz-Dorneda (expediente FG 560).

Por Resolución da Alcaldía nº 2023 do 20 de maio de 2016, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación da parcela catastral 000501500NH59G0001LI, sector SUD-11, propiedade de José María González Souto, en Xaz-Dorneda (documento nº 4127, do 31.3.2016).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 24 de maio de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente