Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24171

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención (expediente 18/16).

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do 26.5.2016 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 18/16).

2. Obxecto do contrato: servizos de prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario/negociado con publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 72.600 € (60.000 € máis 12.600 € en concepto de IVE), polo prazo de 3 meses, prorrogable por 1 mes (a validez e eficacia da presente licitación queda supeditada á sinatura do correspondente convenio de colaboración coa consellería correspondente da Xunta de Galicia, durante o ano 2016, para a prestación destes labores).

5. Garantías: 5 % do importe de adxudicación (sen IVE).

6. Prazo de presentación das proposicións: 10 días naturais desde a última publicación do anuncio de licitación.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 2 de xuño de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa