Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 30 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás entidades que se relacionan no anexo a resolución ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

O prazo para alegar e presentar documentos e xustificacións computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase que os expedientes se atopan á súa disposición nas dependencias do Servizo de Planificación da Promoción Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, situadas no Edificio Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia deste.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

Entidade: Centro de Estudios El Arco, C.B.

Número de censo: 36H01060.