Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2016/21-2, 8329 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Queserías Entrepinares, S.A.

Domicilio social: r/ Vázquez de Menchaca, 9, parcela 137, polígono Argales, 47008 Valladolid.

Denominación: LMT, CT e BT para ampliación de Queserías Entrepinares en P.E. de Vilalba.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

1. Instalación no CT 1 existente dunha cela de saída con interruptor automático.

2. LMT soterrada a 20 kV en canalización proxectada, con orixe na cela proxectada no CT 1 e final no CT 2 proxectado, cunha lonxitude de 225 metros en condutor tipo HEPRZ1 12/20 kV 3(1×240 m2).

3. CT 2 en edificio prefabricado de formigón, no cal se instalan dúas celas de remonte, dúas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 1.000 kVAS e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

4. Cadro xeral de baixa tensión en edificio prefabricado acaroado ao CT 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 2 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo