Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 1 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se lle notifica ao interesado a resolución do procedemento SXRH-PD-25/15.

Logo de intentar a notificación da resolución do procedemento disciplinario ao interesado no seu domicilio, procede a publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 59.5, 60.2 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Por este anuncio notifícaselle a Gerardo Anllo Fraga a Resolución do 6 de maio de 2016 que puxo fin ao procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-25/15.

O texto completo da citada resolución está á disposición do interesado no Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, cuxas dependencias se atopan no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, na cidade de Santiago de Compostela.

A dita resolución pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda ao domicilio do interesado. O prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo é de dous meses, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de calquera outro recurso procedente en dereito que a persoa interesada considere oportuno.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos