Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23776

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO de exposición pública do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal por Acordo do Pleno do día 28 de decembro do 2015, conforme o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e sometido a información pública durante o prazo legalmente establecido, amplíase o dito prazo polo período dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio neste Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas durante o prazo de dous anos as licenzas para as áreas reflectidas na proposta do equipo redactor, en concreto no documento con data de xullo de 2015: proposta determinación áreas de suspensión de licenzas.

Antas de Ulla, 16 de maio de 2016

Javier Varela Pérez
Alcalde