Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23777

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO da licitación pública para a contratación do servizo de comunicación e difusión da programación cultural da cidade da Coruña.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: servizo de comunicación e difusión da programación cultural da cidade da Coruña.

3. Prezo do contrato: tipo máximo de licitación: 30.000,00 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 24.793,39 € e 5.206,61 € ao IVE correspondente.

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogable antes da súa finalización, por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista, por anos ata un máximo de catro, incluído período inicial e prórroga.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil de contratante: www.coruna.es. Enderezos de correo electrónico: para consultas administrativas a.canosa@coruna.es, para consultas técnicas: j.rodriguez@coruna.es ou x.vazquez@coruna.es.

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: prezo e características técnicas (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

12. Presentación de proposicións: prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique e finalizará ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avda. da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinalen no perfil de contratante: www.coruna.es.

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 13 de maio de 2016

O Presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos