Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (71/2016).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 71/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Fernández Blanco contra a empresa José Gómez Taboada, sendo parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

A Coruña, dezaoito de maio de dous mil dezaseis

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 71/2016, sendo parte nel, dun lado, como demandante María Carmen Fernández Blanco, con DNI 32811142D, asistida polo letrado Cándido Francisco Rivera, e como demandado José Gómez Taboada, que non comparece, e Fogasa, que tampouco comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a realización do acto de xuízo e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decisión

Que, estimando a demanda interposta contra a empresa con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condénase a demandada a que aboe unha indemnización de 3.871,39 €.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a José Gómez Taboada, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 20 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza