De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican a continuación as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións.
As persoas interesadas poderán interpor recurso no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, baixo, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para efectos do coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndoas de que, de non facelo, se terán por notificadas.
Lugo, 27 de maio de 2016
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Interesado/a |
Nº de expediente |
Asunto |
Data da resolución |
David Alfonso Fidalgo Vila |
2013/125/27 |
Modificación de medio |
23.3.2016 |
Pablo Núñez Ginzo |
2014/191/27 |
Modificación de medio |
16.2.2016 |
José Ramón Ayala Álvarez |
2015/73/27 |
Modificación de medio |
3.11.2015 |