Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2004/201/27 e dez máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican a continuación as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións.

As persoas interesadas poderán interpor recurso no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, andar baixo, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para efectos do coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndoas de que, de non facelo, se terán por notificadas.

Lugo, 23 de maio de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Asunto

Data da resolución

Miguel Salazar Giménez

2004/201/27

Prórroga de recurso

17.2.2016

María Manuela Martíns Brandao

2006/131/27

Prórroga de recurso

9.12.2016

Luciano Sanches

2011/48/27

Prórroga de recurso

7.4.2016

Luciano Sanches

2011/49/27

Prórroga de recurso

7.4.2016

Luciano Sanches

2011/50/27

Prórroga de recurso

7.4.2016

Dinima Sarr

2013/143/27

Prórroga de recurso

14.3.2016

Augusto María

2014/123/27

Prórroga de recurso

7.12.2015

Augusto María

2014/124/27

Prórroga de recurso

7.12.2015

Miguel Salazar Giménez

2014/169/27

Prórroga de recurso

17.2.2016

Luis Francisco Rodríguez Abad

2014/172/27

Prórroga de recurso

9.10.2015

Alejandro Martín Altamirano Hidalgo

2014/215/27

Prórroga de recurso

1.3.2016