Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2009/92/15 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican a continuación as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións.

As persoas interesadas poderán interpor recurso no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio, no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, baixo, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para os efectos do coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndoas de que, de non facelo, se terán por notificadas.

Lugo, 23 de maio de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expediente

Asunto

Data da resolución

Omar Boukri

2009/92/15

Cesamento da medida e arquivamento

9.5.2016

Ramón Eustacio C. Rodríguez Álvarez

2012/66/27

Cesamento da medida e arquivamento

19.10.2015

Fanny Gloria Ulloa Lluque

Wilber Lorza Ramírez

2014/7/27

Cesamento da medida e arquivamento

13.10.2015

Luz Stella Vélez Millán