Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 13 de maio de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00800-O-2016 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-00800-O-2016 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 13 de maio de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00800-O-2016

8232-BNS

Guardia Civil 1502 Q97183H

Leotrans 3000

B70294566

Rúa Simón Bolívar, 39, bx. esq.

15011 A Coruña

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro sen título habilitante.

16.2.2016; 17.31; AC552; 55,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-00894-O-2016

C-0543-CC

Guardia Civil 1503 N41519R

Gran Taller, S.L.

B15030018

O Valado, 37

15680 Ordes (A Coruña)

Non levara bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

16.2.2016; 09.44; AP9F; 25,5

Art. 18.5 del RD 1032/2007

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-00971-O-2016

3366-GBF

Guardia Civil 1504 Z27752V

Transmunia, S.C.C.L.

F65613713

B. Cal Farines, s/n,

08732 Castellví de a Marca

(Barcelona)

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

29.2.2016; 18.41; N634; 700,5

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01097-O-2016

1736-GXJ

Guardia Civil 1504 I54077K

Leotrans 3000

B70294566

Rúa Simón Bolívar, 39, bx. esq.

15011 A Coruña

Non levar a bordo a documentación acreditativa da substitución dun vehículo por avaría.

29.2.2016; 10.02; N634; 709,5

Art. 142.9 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-01204-O-2016

3921-CJV

Guardia Civil 1502 Q97183H

Previgal Galicia, S.L.

B70390596

Benito Blanco Rajoy, 7, 1º

15006 A Coruña

A realización de transporte privado complementario de mercadorías sen autorización siempre que se acredite que no momento de realizal se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguentes á notificación do inicio do expediente.

24.2.2016; 12.24; AC552; 64,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-01205-O-2016

3921-CJV

Guardia Civil 1502 Q97183H

Previgal Galicia, S.L.

B70390596

Benito Blanco Rajoy, 7, 1º

15006 A Coruña

Non levar a bordo d vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

24.2.2016; 12.32; AC552; 64,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros