Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 26 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador ES-P-0039/16.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 26 de maio de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Alberto Ruiz Marrodan.

Expediente: ES-P-0039/16.

Último domicilio coñecido: rúa Fernando Gabriel, nº 18, portal 4, 28017 Madrid (Madrid).

Indicación do contido: notifícaselle o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0039/16 como suposto responsable dunha infracción leve, ao abeiro dos artigos 104 e 108 da Lei 8/2012, do 26 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora concédeselle á persoa interesada un prazo de quince (15) días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.