Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (780/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 780/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlota Tasende Pombo contra Novo Pelamios, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza: 331/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 780/2015.

Demandante: Carlota Tasende Pombo.

Letrado: Sr. Couto Chouciño.

Demandado: Novo Pelamios, S.L.

Fogasa

Sentenza 331/2016.

A Coruña, 18 de maio de 2016.

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Carlota Tasende Pombo fronte a Novo Pelamios, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, é a seguinte:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 153,45 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 27,90 €/día.

3º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Carlota Tasende Pombo fronte a Novo Pelamios, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa a aboarlle á traballadora a suma de 675,22 euros polos conceptos expresados na fundamentación xurídica IV da sentenza.

4º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente sentenza dentro da responsabilidade legal que lle puidese corresponder.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Novo Pelamios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza