A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio das atribucións que lle outorga o seu decreto de estrutura orgánica, relativas á organización e coordinación dos procesos electorais, competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou a tramitación dun procedemento de licitación necesario para garantir a adecuada organización e celebración das eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar no presente ano.
A licitación desenvolverase mediante o procedemento negociado sen publicidade, ao abeiro do permitido polo artigo 170.e) do Real decreto lexislativo 3/2001, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Co fin de darlle a maior difusión posible e garantir a máxima concorrencia de ofertas nos procedementos de licitación citados,
RESOLVO:
Primeiro. Dar publicidade á licitación, mediante o procedemento negociado sen publicidade, ao abeiro do permitido polo artigo 170.e) do Real decreto lexislativo 3/2001, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, do servizo que a seguir se indica:
– Servizo consistente na organización, xestión, coordinación, supervisión e control da xornada electoral; formación do persoal encargado da transmisión dos datos de participación; recollida, reconto, procesamento e seguimento da participación electoral e difusión dos votos así como a adecuación do espazo dedicado á comunicación dos datos do reconto no día das elección ao Parlamento de Galicia no ano 2016.
Segundo Os licitadores interesados en participar no procedemento indicado poderán obter a documentación necesaria na Plataforma de contratos públicos de Galicia, na cal igualmente se publica a convocatoria, no seguinte enlace:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=34396
Terceiro. O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 27 de xuño de 2016.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza