Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23686

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (2619/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2619/2015-BC

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1087/2013. Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: María Jesús Balsa Rodríguez

Avogado: José Nogueira Esmorís

Recorridos: Encarnación Alonso Mallo, Ángela Eiroa Alonso (Turquesa Fiesta)

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2619/2015 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Balsa Rodríguez contra Encarnación Alonso Mallo e Ángela Eiroa Alonso (Turquesa Fiesta), sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado pola demandante María Jesús Balsa Rodríguez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital, nestes autos tramitados por instancia da recorrente contra a empresa Encarnación Alonso Mallo e Encarnación Alonso Mallo (Turquesa Fiesta), debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Encarnación Alonso Mallo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza