Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23684

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4594/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4594/2015 seguido por instancia da Consellería de Traballo e Benestar contra Teinco de Orense, S.L., Mutual Midat Cyclops, Indumet Sistemas Constructivos, S.L.U., Modesto López García, Montajes Cemetal, S.A.L., José Antonio Suárez Casal, sobre outros dereitos laborais, foi ditada a seguinte resolución, que, copiada nos particulares necesarios, di:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola Xunta de Galicia contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia da empresa Teinco de Ourense, S.L. contra a recorrente, Mutua Midat Cyclops, Indumet Sistemas Constructivos, S.L.U., Montajes Cemetal, S.A., Laboral, Modesto López García e José Antonio Suárez Canal, a Sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Montajes Cemetal, S.A. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en r/ Álvaro Cunqueiro, 2, entresollado, Foz (Lugo), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias xudiciais, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza