Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23484

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (197/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 197/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo García Gómez contra a empresa La Empanadilla Sabrosa, S.L., sobre extinción de contrato por incumprimento grave do empresario e reclamación de cantidades, ditouse a seguinte resolución, cuxo ditame se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Pablo García Gómez contra La Empanadilla Sabrosa, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1º. Debo declarar e declaro resolto o contrato de traballo que unía o demandante coa mercantil demandada e, en consecuencia, declaro a extinción da devandita relación laboral na data da presente resolución, e debo condenar e condeno La Empanadilla Sabrosa, S.L. a que lle aboe ao demandante a suma de 1.240,96 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual.

2º. Debo condenar e condeno a La Empanadilla Sabrosa, S.L. a que lle aboe ao demandante a suma de 13.899,95 euros en concepto de salarios debidos, coa desagregación efectuada no feito probado oitavo da presente resolución, máis os xuros por demora do artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

3º. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza