Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (61/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José María Pérez Laranga contra Proyectos Tajira 7000 S.L. e ISM, en reclamación por Seguridade Social, rexistrado co número 61/2013, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Proyectos Tajira, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 14 de xuño de 2016, ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 1, do edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

A parte demandante anunciou o propósito de comparecer asistida ou representada de graduado social para os efectos do artigo 21.2 da Lei reguladora da xurisdición social e designou un domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

En canto á proba:

Documental. Requírase a demandada Proyectos Tajira S.L., para que achegue os documentos solicitados, isto é: contratos de traballo, altas e baixas na Seguridade Social, recibos de salarios e boletíns de cotización, en especial o período comprendido entre o 17.2.2014 e o 12.3.2014, co C.C.C. 36106130245, coa advertencia de que, de non o facer, se poderán ter por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

De ser o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propola e, de ser caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Proyectos Tajira 7000, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza