Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentación simplificada, a contratación dunha póliza de seguro de asistencia sanitaria, decesos e repatriación para auxiliares de conversación destinados en centros educativos (expediente SXAPERE 01/16/AUX).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

c) Número de expediente: SXAPERE 01/16/AUX.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: póliza de asistencia sanitaria, decesos e repatriación.

b) División por lotes e número: non hai división por lotes.

c) Prazo de execución: do 1 de outubro de 2016 ao 15 de xuño de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

d) Procedemento de documentación simplificada.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo total: 78.400,00 euros. Por razón do obxecto, a este concurso no lle é de aplicación o imposto do valor engadido.

5. Garantías.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 37.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=31164

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse ata as catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: rexistro xeral da Xunta de Galicia sito no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela. A documentación seguirá o preceptuado no prego de cláusulas administrativas particulares. Haberá de terse en conta que do 16 de xuño ao 15 de setembro o rexistro atende ao público de luns a sábado, das 9.00 ás 14.00 horas; fóra desas datas o horario é das 9.00 ás 19.00 horas de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados.

2º. Entidade: servizo público de Correos. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da devandita oferta mediante telegrama ou fax no número 981 54 65 50 no mesmo día no que finaliza o da presentación das ofertas. Tanto no sobre presentado en Correos como na xustificación que se remita por fax deberá indicarse a data, hora e minuto de entrega da documentación na oficina de Correos.

3º Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

4º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a indicada no perfil do contratante.

9. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa