Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica o outorgamento da concesión directa da explotación Gunnar 7174.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña fai saber que mediante a Resolución do 3 de maio de 2016, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, outorgouse a concesión directa da explotación Gunnar número 7174, de 16 cuadrículas mineiras, para recursos da sección C), no termo municipal de Ordes, provincia da Coruña, por un período de trinta anos.

O que se fai público, para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 27 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

A Coruña, 25 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña