Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23461

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de maio de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2015 (DOG núm. 68, do 13 de abril), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, o aspirante disporá dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se ten a condición de funcionario de carreira da Administración da Xunta de Galicia estará exento de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberá presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependa para acreditar tal condición.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que o aspirante que figura nela sexa proposto para o seu nomeamento como funcionario de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o/a conselleiro/a de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

Ramón de la Sota Crespí
Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio
da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as

DNI

Nome e apelidos

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Fase concurso

Total

34995245D

Antonio de Arcos Rey

14,26

15

16

13,27

58,53