Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23458

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 31 de maio de 2016 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014.

En virtude da Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 27 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 23, do 4 de febreiro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 17 de xuño de 2016 ás 10.00 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

De conformidade co disposto na base IV.6, o aspirante da quenda de promoción interna terá preferencia sobre os/as aspirantes da quenda de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Niv.

Subgrupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

Titulación

Observacións

1

ED3010000115770030

ED

Técnico/a superior de bibliotecas

20

A1

S. X. de Bibliotecas

Secretaría Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

Facultativo sección bibliotecas ((RI))

Xornada mañá ou tarde

2

EDC995010132001002

ED

Técnico/a superior de bibliotecas

20

A1

Biblioteca Ourense

Servizos periféricos

Ourense 

Facultativo sección bibliotecas ((RI))

Xornada mañá ou tarde

3

EDC995010136560005

ED

Técnico/a superior de bibliotecas

20

A1

Biblioteca Vigo

Servizos periféricos

Vigo

Facultativo sección bibliotecas ((RI))

Xornada mañá ou tarde

4

EDC995010136560006

ED

Técnico/a superior de bibliotecas

20

A1

Biblioteca Vigo

Servizos periféricos

Vigo

Facultativo sección bibliotecas ((RI))

Xornada mañá ou tarde

5

EDC995010136560007

ED

Técnico/a superior de bibliotecas

20

A1

Biblioteca Vigo

Servizos periféricos

Vigo

Facultativo sección bibliotecas ((RI))

Xornada mañá ou tarde

6

EDC995010136560008

ED

Técnico/a superior de bibliotecas

20

A1

Biblioteca Vigo

Servizos periféricos

Vigo

Facultativo sección bibliotecas ((RI))

Xornada mañá ou tarde

7

SAC020000015770005

SA

Posto base subgrupo A1

(bibliotecario/a)

20

A1

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela