Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23163

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (579/2015).

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal 579/2015 ditouse sentenza o 26.1.2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 22/2016

Vigo, 26 de xaneiro de 2016.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 579/2015 se seguen por instancia de BMW Bank GMBH, sucursal en España, representada polo procurador Andrés Gallego Martín-Esperanza e asistida do letrado Francisco Rodríguez-Gigirey Pérez, contra José Ángel Rodríguez Martínez, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto a pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de financiamento dunha compravenda de bens mobles a prazos.

Resolución

Estimo parcialmente a demanda interposta por BMW Bank GMBH, sucursal en España, contra José Ángel Rodríguez Martínez, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Declaro a nulidade das cláusulas que, previstas no contrato de préstamo de financiamento a mercador de bens mobles, estipulado o 2 de abril de 2012 entre a parte demandante e mais o demandado, establecían un tipo de xuro de demora do 18 % e a posibilidade de facer aplicación dunha comisión de devolución do 5 % da cantidade non satisfeita, cun importe mínimo de 18 euros, e condeno a José Ángel Rodríguez Martínez a aboarlle a BMW Bank GMBH, sucursal en España, a cantidade de 2.485,50 euros, correspondente ás cotas non satisfeitas e máis ao importe do capital anticipadamente vencido. A devandita cantidade non reporta máis xuro de demora ca o xuro legal dos cartos, incrementado en dous puntos, contado desde a data da presente sentenza.

2º. Non procede facer especial pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta é firme e que contra dela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino».

En virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente notifícase a sentenza ditada neste procedemento ao demandado José Ángel Rodríguez Martínez, e expido o presente para a súa publicación no taboleiro de anuncios neste xulgado e no DOG.

Vigo, 10 de maio de 2016

O letrado da Administración de xustiza