Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016002SA, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 11 de abril de 2016, o director xeral de Saúde Pública ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016002SA, incoado a María José Vázquez González.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do citado artigo, notifícaselle a María José Vázquez González o contido de dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta dirección xeral, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírtese que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2016002SA.

Denunciada: María José Vázquez González.

DNI/CIF: 34978672L.

Último enderezo coñecido: Bouzada, San Xoán, Taboada, Lugo.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

Artigo 35.b.1) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Artigo 42 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia.

Anexo do Regulamento (UE) nº 37/2010 da Comisión, do 22 de decembro de 2009, relativo ás substancias farmacoloxicamente activas e á súa clasificación, polo que se refire aos límites máximos de residuos nos produtos alimenticios de orixe animal.

Anexo I e artigo 24.3.1ª do Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, polo que se establecen as medidas de control aplicables a determinadas substancias e aos seus residuos nos animais vivos e os seus produtos.

Artigo 2.1.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infracións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 3.005,07 €.