Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016113AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 28 de abril de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016113AL-CO incoado a Abel González Cazón.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Abel González Cazón o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 18 de maio de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2016113AL-CO.

Interesado/a: Abel González Cazón.

DNI/NIF/CIF: 32621307Q.

Derradeiro enderezo coñecido: Fernando VI, 64, 15403 Ferrol.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto de 2007).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

– Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA) (DOG núm. 205, do 26 de outubro).

– Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade de produtos alimenticios (BOE núm. 202, do 24 de agosto).

– Regulamento (CE) 178/2002, da Comisión do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro de 2002).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 1.200 €.

Ademais, de conformidade co artigo 72.2 da Lei 30/92, modificada pola Lei 4/1999, confírmase a medida preventiva de inmobilización provisional expiendete núm. 11/16 ditada pola xefa territorial o 25.4.2016 (rexistro saída núm. 11003, do 26.4.2016).