Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 24 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o inicio de procedemento de reintegro da axuda á contratación indefinida inicial, regulada na Orde do 6 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases á contratación das persoas traballadoras (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto), relativa ao expediente TR349A 2012/69-2.

Intentada a notificación do acordo ditado pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo cal se inicia o procedemento de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido do dito acto como figura no anexo para que poidan ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente ante esta xefatura territorial.

Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do dito acto administrativo.

Lugo, 24 de maio de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349A 2012/69-2.

Nome: Judit Fernández Rodríguez.

DNI/NIF: 33538077Y.

Último enderezo coñecido: Sect. Músicos, 26, 6º dta., Tres Cantos, 28760 Madrid.

Axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial (programa CONII).

Orde reguladora: Orde do 6 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de tres anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, número1, anexo I, da orde de convocatoria.

Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Data do acto: 20 de abril de 2016.