Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de explotación de recursos da sección C) Vieite número 5265.1, no concello de Leiro, promovido por Graniorega, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de diciembre), de avaliación ambiental e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño) esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de explotación de recursos de sección C) que a continuación se describe:

Solicitante: Graniorega, S.L.

Domicilio social: estrada OU-209, km 1, 32425 Leiro (Ourense).

Número: 5265.1.

Nome: Vieite.

Recurso: granito ornamental.

Data da solicitude: 5 de maio de 2016.

Superficie: 2 cuadrículas mineiras.

Concello: Leiro (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 07’ 40”

42º 21’ 20”

2

8º 07’ 20”

42º 21’ 20”

3

8º 07’ 20”

42º 20’ 40”

4

8º 07’ 40”

42º 20’ 40”

Durante o prazo indicado aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial ou no concello de Leiro e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32003 Ourense, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido o período de información pública proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización administrativa compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

Ourense, 8 de abril de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense