Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de conservación da natureza, de caza e de pesca (expediente CON-CO-0009/2016-V e sete máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo instrutor dos expedientes e pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, respectivamente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 20 de maio de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Expediente: CON-CO-0009/2016-V.

Denunciada: Gistica Galicia, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0027/2016-V.

Denunciado: Francisco Javier Ibáñez Sala Bellsolell.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0040/2016-V.

Denunciado: José López Rodríguez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CON-CO-0041/2016-V.

Denunciado: José Manuel Pombo Golán.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0049/2015-V.

Denunciada: Catalina López.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CAZ-CO-0058/2015-V.

Denunciado: Cesáreo Lendoiro Barbeito.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: PES-CO-0016/2016-V.

Denunciado: José Luis Bra Sánchez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: PES-CO-0023/2016-V.

Denunciado: Miguel Antonio Villaverde Gómez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.