Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22054

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (150/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 150/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Bermúdez Bello contra Eduardo Nogueira Arenas, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, oito de febreiro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito

Primeiro. Óscar Bermúdez Bello presentou demanda de execución contra Eduardo Nogueira Arenas, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Segundo. Foi ditado auto despachando execución no 8.6.2015 por un total de 8.627,51 euros (6.034,96 euros de salarios debidos máis 2.592,55 euros de xuros do 29.3 do ET) en concepto de principal, máis outros 862,75 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Das actuacións practicadas non se obtivo ningunha cantidade.

Cuarto. A parte executante presenta escrito en que solicita a declaración de insolvencia.

Fundamentos de dereito

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, se non se tiver coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, se foren infrutuosas total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia despois de oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Eduardo Nogueira Arenas en situación de insolvencia total por importe de 8.627,51 euros (6.034,96 euros de salarios debidos máis 2.592,55 euros de xuros do 29.3 do ET) en concepto de principal, máis outros 862,75 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións despois de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición ante o/a secretario/a xudicial que dita esta resolución, que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición teña efectos suspensivos respecto da resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eduardo Nogueira Arenas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza