Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2016 pola que se modifica a Resolución do 3 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de subministración, en réxime de compra, de equipamentos informáticos de usuario para os servizos centrais e periféricos (delegacións da Coruña, Lugo e Pontevedra), non suxeito a regulación harmonizada (expediente 2/2016/CNTSU).

No punto 1.c).6 da Resolución do 3 de maio de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 91, do 13 de maio de 2016, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de subministración, en réxime de compra, de equipamentos informáticos de usuario para os servizos centrais e periféricos (Delegacións da Coruña, Lugo e Pontevedra) da entidade pública Portos de Galicia (EPPG), non suxeito a regulación harmonizada, disponse que o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) se poderán obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24040 .

Advertidos erros no contido do CCC e do PPT que rexerán a referida licitación, cómpre efectuar as seguintes modificacións nos ditos documentos:

– No punto 14.A.2 do CCC, relativo á valoración da oferta técnica, no punto 2.1.2, relativo á «Puntuación benchmark do procesador-equipamentos gama media», onde di: «Ponderación: 10 %»; debe dicir: «Ponderación: 15 %».

– No punto 14.A.2 do CCC, no punto 2.2.2, relativo á «Memoria RAM-equipamentos gama media», onde di: «Ponderación: 10 %», debe dicir: «Ponderación: 15 %».

– No anexo II do CCC, relativo á valoración de ofertas, no punto 2.2 do dito anexo, relativo á «Memoria RAM: máximo 25 puntos», con respecto á fórmula de valoración dos equipamentos de gama media (para persoal administrativo), onde di: «Valoración=(RAM*2,5)-15», debe dicir: «Valoración=(RAM*3,75)-15».

– Na cláusula 2ª do PPT, no cadro relativo ás «Características técnicas principais, de obrigado cumprimento para ter en conta polos licitadores nas súas propostas. Grupo 1: 36 equipamentos de gama estándar», onde di: «Garantía do fabricante: 3 anos», debe dicir: «Garantía do fabricante: 2 anos».

– Na cláusula 2ª do PPT, no cadro relativo ás «Características técnicas principais, de obrigado cumprimento para ter en conta polos licitadores nas súas propostas. Grupo 1: 56 equipamentos de gama media», onde di: «Garantía do fabricante: 3 anos», debe dicir: «Garantía do fabricante: 2 anos».

– Na cláusula 2ª do PPT, no cadro relativo a «Grupo 2: 3 equipamentos con capacidades ampliadas para tarefas de delineación», onde di: «Garantía do fabricante: 3 anos», debe dicir: «Garantía do fabricante: 2 anos».

– Na cláusula 2ª do PPT, no cadro relativo ás «Características dos monitores (65 unidades)», onde di: «Garantía do fabricante: 3 anos», debe dicir: «Garantía do fabricante: 2 anos».

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881 99 52 70.

2. Enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24040

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar o contrato de subministracións de referencia, que rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia