Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de abril de 2016 pola que se notifica resolución de expediente de incautación da embarcación Dos B Jays depositada en seco no porto de Celeiro-Viveiro.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Mª José Díaz Rodríguez, con último domicilio coñecido en Granxa, 35, PC-6º F, de Viveiro, provincia de Lugo, a resolución do presidente de Portos de Galicia do 8 de abril de 2016, que decreta a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Dos B Jays, con folio 7ª-CO-246/93, depositada no porto de Celeiro, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese por estar a embarcación desde o ano 2004 depositada en estado de abandono nunha parcela do porto de Celeiro, de onde foi retirada por esta entidade dado o perigo existente de afundimento, e unha vez que no BOE número 28, do 2 de febreiro de 2016 se publica o acordo de inicio de expediente sen que conste a presentación de alegacións, de acordo co establecido no artigo 20 do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

A incautación implica que Portos de Galicia vai proceder ao alleamento da embarcación de acordo e cos efectos establecidos nos anteriores fundamentos. De non ser factible o alleamento en atención ao estado de conservación da embarcación, ou no caso de quedar deserta a venda, Portos de Galicia poderá trasladar a embarcación a vertedoiro autorizado, sendo todos os custos que isto implique a custa do propietario.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

O expediente completo para o seu exame e consulta está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia