Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de maio de 2016, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LRD-122/14.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do IGVS de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avda. Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Lugo, 10 de maio de 2016

Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LRD-122/14 (LU-2007/CH01, conta 4).

Interesado: Óscar Núñez López.

Último enderezo coñecido: rúa Rinconada do Miño, 16, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.