Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/330-1).

Expediente: IN407A 2016/330-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: cambio de sección LMTS EIR-707.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Cambio de condutor da liña de media tensión soterrada (actuación nº 1), a 15 kV, con orixe en cela de liña existente no CT Pablo Iglesias (expediente 52.449), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 521 metros e final en empalmes proxectados na LMTS EIR-707, no tramo entre o CT avenida dos Caídos, nº 78 (expediente 27/1994) e o CT San Diego, nº 17 (expediente 384/2004), despois de realizar entrada e saída no CT avenida dos Caídos, nº 78 (expediente 27/1994).

Cambio de condutor da liña de media tensión soterrada (actuación nº 2), a 15 kV, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EIR-707, no tramo entre o CT San Diego, nº 17 (expediente 384/2004) e o CT Río Monelos (expediente 52.471), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 333 metros e final en cela de liña existente no CT Río Monelos (expediente 52.471).

Cambio de condutor de liña de media tensión soterrada (actuación nº 3), a 15 kV, coa orixe en cela de liña existente no CT General Sanjurjo (expediente 51.196), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 257 metros e final en cela de liña existente no CT travesía Primavera (expediente 26.821).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 5 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña