Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Marín (expediente IN407A 2016/81-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS LOZ813B e CS Centro de Saúde de Marín.

Situación: Marín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ en dous tramos:

– 153 metros-orixe: centro de transformación Vivendas Marinos; final: tramo subterráneo LOZ813B0507 cara o CS Centro de Saúde de Marín.

– 148 metros-orixe: tramo subterráneo LOZ813B0478; final: o mesmo, unha vez entre e saia do CS proxectado.

Centro de seccionamento Centro de Saúde de Marín, con celas compactas e corte en SF6, situado en Marín, na confluencia das rúas travesía Jaime Janer e Busto de Arriba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra