Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar as resolucións de incoación de oficio de expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, devoltas polo servizo de Correos (expediente OU-2011/00290 e un máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de de intentar a notificación aos interesados sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de incoación de oficio de expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, así como de emprazamento para trámite de audiencia, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense, para que, de ser o caso, poidan consultalos e formular as alegacións e xustificacións que consideren procedentes, durante un prazo de quince días desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 10 de maio de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

NIE/equivalente

OU-2011/00290

Juan Carlos Pacios Ferreiro

34973667M

OU-2011/00290

Helena María da Silva

CY700945

OU-2013/00273

Carlos Humberto Rodríguez Haces

45165165L

OU-2013/00273

Diosana Elisa Meléndez

E251670