Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (479/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que pola Resolución ditada o día 12.5.2016 , no proceso seguido por instancia de José Antonio Barreiro Fabregas contra Equipos Ecológicos del Noroeste, S.L., rexistrado con el nº PO 479/2014 se acordou notificar a parte dispositiva do decreto de desistencia ditado neste procedemento a Equipos Ecológicos del Noroeste, en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistido a José Antonio Barreiro Fabregas da súa demanda e que unha vez firme esta resolución se arquiven os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: poderase interpoñer recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (art. 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº 00301846420005001274 do Banco Español de Crédito, e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso seguida do código “31 Social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

Únase testemuño da presente resolución ao procedemento e acumúlese ás presentes actuacións.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza