Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (646/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 646/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Silveira Ramilo contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou auto de aclaración de sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Non procede a solicitude da representación letrada e procesual da entidade Sumtec, S.L. de aclarar a sentenza do 26 de xaneiro de 2016 ditada neste procedemento.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra este auto non cabe interpor ningún recurso distinto do que, de ser o caso, se poida interpor fronte á resolución cuxa aclaración se solicitou, cuxo prazo proseguirá coa notificación da presente resolución.

Así o acorda e asina, Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza