Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21132

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1302/2012).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 1302/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Tapiz Hogar, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Jesús Manuel Díaz Dubra, sobre Seguridade Social, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo número 201 contra a entidade Tapiz Hogar, S.L. e Jesús Manuel Díaz Dubra e, en consecuencia, debo absolver e absolvo os anteriores das pretensións articuladas contra ela.

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo número 201 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, debo declarar e declaro que a continxencia determinante da incapacidade permanente total recoñecida a Jesús Manuel Díaz Dubra o 2 de agosto de 2012 deriva de enfermidade común, e debo condenar e condeno o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, nos seus respectivos conceptos e responsabilidades, a aterse a esta declaración, e proceder ao reintegro do capital custo a razón de 136.648,37 €, depositado pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que o deberán anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivamento. Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña Pilar Carreira Vidal.

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tapiz Hogar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza